Nós

Gostamos de facer lectores.

Wells é unha libraría que funciona dende marzo de 2017 en Cangas (Pontevedra).

Lemos con paixón banda deseñada, literatura independente, libros para nenas e nenos e tamén somos afeccionado aos xogos de mesa.

Gostamos de recomendar lecturas, escoitar ás persoas que acoden a nós sobre o que lles agrada e descubrir cousas novas a través dos libros.

As veces tamén somos un espazo no que se desenvolven firmas de autores de cómic, recitais de poesía, presentacións de álbums ilustrados, exposicións, talleres de escritura, coloquios e clubs de lectura.

Non atopas un libro? Podes escribirnos.

Volver arriba